Louzán recibe a la Selección Galega de Fútbol Praia, que vuelve a casa con la plata de Melilla

O Presidente da Federación Galega de Fútbol recibiunos á súa chegada a Lavacolla, onde lles transmitiu a súa intención de impulsar este deporte na comunidade
Louzán posa coa selección de Fútbol Praia á súa chegada a Santiago
photo_camera Louzán posa coa selección de Fútbol Praia á súa chegada a Santiago

A Selección Galega Masculina de Fútbol Praia xa está na casa coas súas flamantes medallas de prata e o trofeo de subcampións de España, conseguido de forma brillante en Melilla.

A expedición chegou pasadas as 10 da noite do Domingo ao aeorporto de Lavacolla (Santiago de Compostela), donde foron recibidos polo Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, que non puido desprazarse a Melilla pero estuvo seguindo moi de preto todo o que a nosa Selección ía facendo en cada partido.

Rafael Louzán felicitou un por un aos dez xogadores, ao corpo técnico, ao árbitro que representou a Galicia (Novas Benavides) e a todos os compoñentes da expedición, encabezada polo Director Deportivo da FGF, Manu Fernández.

O Presidente charlou cos todos un bo rato aproveitando para felicitalos persoalmente polo extraordinario campionato realizado e transmitiulles a firme intención do novo equipo directivo da FGF de darlle un impulso ao fútbol Praia en Galicia.

O seleccionador, Quique Sánchez, e o capitán, Xan Lamigueiro, déronlle as gracias ao Presidente en nome de todos e aproveitaron o momento para solicitar unha instalación permanente que poidan utilizar para adestrar durante todo o ano e dese xeito non acudir aos campionatos cun déficit de preparación con respecto aos rivais.




Comentarios