A Xosé Enrique Casanova Sánchez

Meu querido padriño:

Alá onde queira que vaias, quero que saibas que non deixarás de ser a persoa que eras, unha das máis importantes da miña vida, porque para min eres ‘o meu segundo pai’. Dábasme bos consellos, botábasme a bronca cando facía algo mal. Sempre con responsabilidade dicíasme o que si ou non debería facer. Fuches o que me levaches por primeira vez ao cine e quen me ensinou a conducir sentado no teu colo. Tirábasme dos mofletes e sempre te facía rir coas historias do meu traballo.

Alá onde queira que vaias non deixes de aconsellarme e de regañarme como facías sempre. Prométoche que de agora en adiante serei mellor persoa e coidarei moito de todos.

Nunca te olvidarei, padriño. Quérote moitísimo.

P.D.: Isto non é un adeus, é un ata pronto.

Más en Obituarios
Comentarios