Un recuerdo para Martínez Martínez

Moi amante dos animais, especialmente do seu can Yogui, a quen lle atribuía valores humanos, naqueles paseos incansabeis polas carballeiras de Montirón e polo paseo do Rato. Chegou a terceira xeración e todo comeza de novo e alí estaba Paco, para darlle atencións aos netos e mimos e golosinas cando viña de dar o seu paseo matinal subindo a Carbonilla até o que hoxe é As Fontiñas. Aguantaba de todo, incluso do triste final que lle deron as máis pequenas a uns poucos puros que eran o deleite del despois do xantar....

Vén de deixarnos Paco, Francisco Fouz Cabanas, da casa de Cabanas, da estrada da Granxa. As nosas familias xa se coñecian da Praza do Campo, antes de ir vivir ao barrio de Montirón aló polos anos sesenta. Era un home polifacético, tamén bó e xeneroso. Os que eramos moi nenos cruzabámonos con el cando viña de traballar da imprenta da rúa Aguirre e máis tarde de El Progreso, sempre contento, atento e interesado no que facías e sobre todo no que lías e se che notaba mala cara sempre estaba disposto a axudar, de forma que se converteu no practicante de garda, debeu de pinchar á maioría dos veciños do barrio. Que mágoa de médico se perdeu por mor das consencuencias da Guerra Civil. Agora lembramos con nostalxia aquelas tardes no barrio de Magoi en contacto coa natureza, cos animais e coas árbores froiteiras que deleitaban o padal dos que eramos nenos.

Moi amante dos animais, especialmente do seu can Yogui, a quen lle atribuía valores humanos, naqueles paseos incansabeis polas carballeiras de Montirón e polo paseo do Rato.

Chegou a terceira xeración e todo comeza de novo e alí estaba Paco, para darlle atencións aos netos e mimos e golosinas cando viña de dar o seu paseo matinal subindo a Carbonilla até o que hoxe é As Fontiñas. Aguantaba de todo, incluso do triste final que lle deron as máis pequenas a uns poucos puros que eran o deleite del despois do xantar.

Eran célebres as citas a Ánxel Fole, especialmente en referencia á súa obra e aos seus decires, tamén descataba polas súas célebres frases: “Concha, vai chover!” , “Manuela, van caer raios e centellas!” ou “por que choras, Dado?”, e ao final remataba chovendo e unha treboada.

Agora tócanos despedir a esa primeira xeración do barrio de Montirón, as máis recentes baixas foron as da casa da tenda do Emilio, da casa do fotógrafo. Queda Olga, para axudarmos, protexermos e comprender mellor esta vida que nos tocou vivir, sempre atenta a calquera necesidade da xente do barrio.

No nome da familia do número 58 e de todos os veciños que disfrutamos das túas atencións, moitas grazas por todo. Quedas entre nós. Terás un cacho de tarta agardando por ti.

E ao final si, choveu.

Unha forte aperta para Maribel, Pachi, Nacho, e ás súas familias.

Más en Obituarios
Comentarios