NECROLÓGICA. María José Vázquez Vizcaíno

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá de Lugo quere facer constar a súa dor polo pasamento de María José Vázquez Vizcaíno, Pepa, esposa de Carlos Rodríguez Arias, un dos nosos fundadores.

Se o papel de Carlos Rodríguez foi e é esencial para Fonmiñá, Pepa foi para todos os membros do noso grupo compañeira, amiga, colaboradora, dando vida sempre ao noso labor e ánimo a todas as nosas aventuras no eido da imaxe.

Co pasamento de Pepa Vázquez Vizcaíno perdemos un membro importante e unha grande amiga. Enviámoslle a Carlos, seu home; Ana, a sua filla, e demais familia, as nosas máis sentidas condolencias.

Comentarios