Luciano Sánchez

Só unhas verbas para lembrar o pasamento dunha persoa sinxela, afable e honesta, brillante no profesional, transparente na ollada e cálida na proximidade dos afectos.

A discreción foi unha virtude da que fixo gala toda a súa vida. E así, con discreción, foise silandeiro hai uns días. No entanto, congratúlanos saber que o fixo despois de facer unha das cousas que máis lle gustaba: xogar ao mus.

Este sábado participaba no torneo Muralla de Lugo, que desde agora converterase nun memorial da súa persoa, e permitiríanos gozar por última vez do pracer da súa compañía.

Amigo Luciano, despois de ‘envidar’ con valentía unha presenza que ficará para sempre na nosa lembranza, envíoche desde aquí, en nome de todos os que te quixemos, un agarimoso ‘órdago’.

Comentarios