Xogador do San Lázaro

Ilyasse Lefsahi Lefsahi debutou este sábado marcando o primeiro gol

Segunda Galicia Sur
WhatsApp Image 2024-03-17 at 14.59.18 (1)
photo_camera WhatsApp Image 2024-03-17 at 14.59.18 (1)
O San Lázaro mantén a súa posición dentro do grupo de play off despois de ter superado á Comercial por 0-3. Os visitantes dominaron os 90 minutos co rival pechado atrás e saíndo á contra. Nunha desas a piques estivo de marcar, pero fixo unha gran parada Borja. Abriu a conta Ily, coa dereita, que debutaba nesta sesión procedente do Portomarín. Marcaron o segundo nada máis comezar a segunda parte, por medio de Iván de penalti, e Luis sentenciou despois dun tempo de calma.