Xurxo Rodríguez: ''Hay que frenar esa inercia de copiar la cultura ajena''

Xurxo Rodríguez Lozano (Foto: PEPE TEJERO)
photo_camera Xurxo Rodríguez Lozano (Foto: PEPE TEJERO)

O presidente de Arumes do Corgo ve necesario incidir na sensibilización para recuperar e pór en valor o patrimonio 

arumes do corgo ten entre os seus principais activos a implicación dos seus 130 socios, que non só respaldan coa súa presenza as propostas da entidade senón que participan directamente en moitas delas. Así o destaca o seu presidente, Xurxo Rodríguez Lozano, que bota en falta máis implicación das institucións na defensa do patrimonio.

Como xurdiu a idea de crear a asociación?

Pensabamos que no Corgo non existía unha oferta cultural ampla, sobre todo no aspecto que máis traballamos, que é a posta en valor do patrimonio e da historia, todo o que é o noso acervo cultural. Así que decidimos crear a asociación e chegar a todos os sectores de idade. Facemos dende xornadas divulgativas e certames literarios ata rutas e excursións.

Cales foron os primeiros pasos?

Empezamos por un deses eixes centrais e celebramos en 2006 unhas xornadas sobre patrimonio que aínda mantemos. Xa abordamos temas como a Vía Romana XIX, a ruta xacobea, os nosos ríos ou os pazos e casas grandes do concello. Organizamos charlas e rutas para divulgar ese patrimonio.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios