Xuntos pero moi revoltos

CERTO que legalmente está establecido que un escano nunha institución é persoal e intransferible, pero tamén é incuestionable que quen a consegue é porque concorre nunha lista dun partido político, polo que se rompe con el ou discrepa das súas directrices debería devolver a acta. Se tres deputados do PSC votan distinto ao que a dirección decide o normal é reubicarse politicamente, crear unha nova formación ou afiliarse a outra, porque aí teñen difícil acomodo, pois non falamos dun asunto menor, senón de que Cataluña teña posibilidade de decidir sobre a súa independencia. Este choque está fendendo un partido enfrascado no debate territorial desde a transición e que arrastra consigo ao PSOE, sumido na eterna discusión de manter este socio incómodo que lle suma votos nas eleccións españolas ou crear unha franquicia propia fiel pero minguada. Mentres, seguen xuntos e revoltos.

Comentarios