La Xuntanza de Castro de Rei dio clases de cocina

Asistentes ao curso de cociña da asociación A Xuntanza.
photo_camera Asistentes ao curso de cociña da asociación A Xuntanza.

A asociación de mulleres rurais A Xuntanza de Castro de Rei organizou un curso de cociña no que participaron 75 persoas, maioritariamente mulleres, que se prolongou durante dous meses no local social da entidade, en Ponte de Outeiro.

O boa resposta que tivo esta convocatoria levou a que os alumnos se tivesen que dividir en dous grupos, con clases os mércores ou os venres, que logo se xuntaron para celebrar o fin de curso cunha cea de confraternidade.

As clases, impartidas polo cociñeiro José Luis Bouso, consistiron na preparación de diversas propostas culinarias. Cada día dábaselle forma a un menú completo formado por un primeiro, un segundo e un postre. Entre estes pratos incluíronse suculencias coma risotto de espinacas e queixo San Simón, pastel de langostinos con maionesa e azafrán ou coulant de chocolate.

Unha vez rematada esta actividade a asociación A Xuntanza xa iniciou unha nova proposta, un curso de baile que se imparte os sábados pola tarde no local social e que conta con máis de 60 inscritos. Ademais, en maio está previsto realizar dúas viaxes, unha a Ferrol o día 6 e outra do 17 ó 20, ó Algarve portugués.

Comentarios