A Xuntanza conmemora su décimo aniversario

Asistentes ao aniversario. Á dereita, directiva da Xuntanza, curso de cociña e V Encontro de Mulleres Rurais . c.Pérez/M.roca
photo_camera Asistentes ao aniversario. Á dereita, directiva da Xuntanza, curso de cociña e V Encontro de Mulleres Rurais . c.Pérez/M.roca

‘Xuntanza de mulleres ás 22.00 horas’. Este sinxelo cartel, pegado no teleclub de Ponte de Outeiro, logrou chamar a atención de 47 mulleres da volta, que naquela noite de novembro do 2002, en apenas dúas horas, acordaron crear unha asociación, poñerlle nome, inscribir ás socias -cunha cuota de dez euros anuais que aínda se mantén hoxe-, elixir a directiva e ata organizar a primeira actividade.

Foron esas case 50 mulleres «con inquedanzas para pór en valor a muller rural, xuntarnos e organizar cousas xuntas» as fundadoras dun proxecto que aglutinou a veciñas de Prevesos, Outeiro, Pacios, Bazar e Castro de Rei. Barallaron dous nomes e de seguido descartaron Terras do Miño, optando por serlle fieis ao cartel que as xuntara, e designaron á que pegara ese cartel, María Xosé Folgueira, como presidenta.

Nacía así a asociación de mulleres rurais A Xuntanza de Castro de Rei, unha entidade que dez anos despois suma xa máis de 400 socias dos municipios de Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios