La Xunta asumirá mejoras en los juzgados por valor de 250.000 euros este año

Visita institucional aos xulgados de Viveiro. (Foto: AMA)
photo_camera Visita institucional aos xulgados de Viveiro. (Foto: AMA)

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou onte os xulgados de Viveiro para anunciar obras de mellora en boa parte do edificio, que prevé que estean rematadas en outubro e que suporán un investimento duns 250.000 euros por parte da Administración autonómica.

«Sabemos da antigüidade do edificio, que ten algúns problemas», recoñeceu o director xeral, quen avanzou que as reformas afectarán a distintos espazos. Sustituirase «toda a carpintería exterior de aluminio» e colocaranse 24 novos radiadores para facer máis eficiente o sistema de calefacción do edificio. Ademais «hai que impermeabilizar a fachada traseira, que vén dando algúns problemas» e actuarán na carpintería da sala de vistas, pois ten deteriorada «a parte de madeira que cubre a zona de estrados», sinalou. Tamén se pintarán distintas estancias, «con especial atención ás escaleiras, que teñen un deterioro maior que as propias dependencias das oficinas xudiciais».

CADRO DE PERSOAL
Sumou un novo funcionario pola carga de traballo

A carga de traballo dos xulgados de Viveiro propiciou a incorporación dun novo funcionario ao cadro de persoal. «Estivemos dotando ao xulgado de persoal de reforzo porque había unha necesidade evidente e un funcionario de tramitación incorporouse á plantilla fixa», dixo o director xeral de Xustiza. Así, na actualidade traballan sete funcionarios no xulgado número 1, adicado a temas civís, e seis no número 2. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios