La Xunta amplía un 50% el apoyo para proyectos de eficiencia enerxética en los concellos de Lugo

Rúa de Xove con iluminación eficiente apoiada polo programa de axudas do Inega. EP.
photo_camera Rúa de Xove con iluminación eficiente apoiada polo programa de axudas do Inega. EP.

De maneira continua, e ano tras ano, increméntanse os gastos relacionados co consumo enerxético das instalacións municipais. Este feito obriga a manter os consumos enerxéticos dentro dunhas marxes controladas. Neste contexto, o Goberno galego, a través do Inega, desempeña distintas actuacións encamiñadas a axudar aos concellos a reducir a súa factura enerxética, un eido no que destaca a liña de apoios para a renovación de iluminación pública exterior.

A través deste programa, a Consellería de Economía e Industria achega este ano preto de 800.000 euros para o desenvolvemento de proxectos na provincia de Lugo, un 50% máis que o ano pasado. Estas actuacións permitirán substituír as actuais luminarias por outras máis eficientes. Ao conseguinte aforro económico e enerxético cabe engadir as melloras ambientais provocadas por unha menor emisión de toneladas de CO2.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios