Xosé López: ''Uso la red para dar a conocer lo que se mueve''

Xosé López Fernández. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Xosé López Fernández. (Foto: Pepe Tejero)

Xosé López é o responsable da única web que ofrece información actual sobre Baralla, unha iniciativa que tivo boa acollida.

a chuvia foi a culpable de que Baralla teña unha nova páxina web. Xosé López Fernández púxoa en marcha para matar o aburrimento nos días de mal tempo e o resultado é Baralla.info, a única iniciativa de promoción do municipio a través de internet.

Como xorde a idea de facer unha páxina web?

Este inverno, como fixo moi mal tempo, decidín aproveitar os momentos que tiven que estar pechado na casa para facer unha páxina sobre Baralla. A intención era xuntar todo o que vai saíndo sobre o municipio nun lado e noutro, para que quen o desexe poida consultar toda a actualidade nun único espazo de internet.

Tiña experiencia previa?

A finais dos 90 estiven vivindo en Becerreá e fixen algo parecido con ese concello, pero eu son afeccionado, non me dedico a estas cousas, só o fago a título persoal e sen ningún ánimo de lucro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios