Xosé Lois Foxo: ''Xa está na imprenta un libro sobre cantos da zona de Oencia''

SAC1005P8F1.JPG
photo_camera SAC1005P8F1.JPG

Dende neno mergullouse na música, pero centrouse nos sons e cantos tradicionais de toda a comunidade galega. Na súa terra, no Courel, é onde está máis a gusto, pois alí ten un gran legado musical que dende hai anos saca á luz para que non se perda.

a música da Serra do Courel ten un grupo de xente que a defende a ultranza e traballa, xa sexa sobre tradicionais cantos ou sons, a esencia de moitas xeracións que non deixaron nada escrito, e menos grabado, polo que ese legado mantivose polo boca a boca. Algunhas músicas e cantares quedaron esparexidos polos altos cumes e vales do Courel, pero dende que Xosé Lois Foxo (Romeor, O Courel, 1950) ten uso de razón, recompilou todo o posible con axuda de familares, coñecidos e xente de fóra nun verdadeiro traballo de recuperación da memoria inmaterial. Non é cousa fácil, pois ás veces inflúen moitos factores que se converten en auténticas barreiras infranqueables, pois a xente que ten na súa cabeza as cantigas de antano, así como as danzas e sons, ten moitos anos e é reacia a mostrar o seu interior. Foxo e os seus colaboradores lograno dende hai un cuarto de século. Hoxe ten miles de referencias e aínda anda a traballar noutras zonas.

Vostede e o seu grupo traballan constantemente pola tradición oral do Courel e de zonas limítrofes como Quiroga. Hai diferenzas?

O Courel non se entende sen Quiroga e ao revés. Dende sempre, a xente se interrelacionou moito e os cantares e música é a mesma. Grazas ao Filandón recuperamos e recoñecemos a todos os cantores e músicos. Por exemplo, o domingo pasado tivemos unha homenaxe moi bonita e entrañable, na Labrada, onde se ensalzou a laboura do Cantores de Margaride, que son Julia González Castaño e os irmaos Argentina e Milín Rodríguez Pardo, da montaña quiroguesa. Foi un acto previo, que facemos dunha forma máis íntima, á festa do Filandón, que celebramos en agosto entre todos os cantores, cantareiras e músicos da serra. O ano pasado, neste caso en febreiro, homenaxeamos ao último brindeiro de Forgas, da Pobra do Brollón, área tamén que está na serra.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios