Xosé Díaz dice que Waldemar ''iba dejando magia''

De esquerda a dereita, Xosé Díaz, Belén Fernández, Manuel Bragado e Pedro Feijoo (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera De esquerda a dereita, Xosé Díaz, Belén Fernández, Manuel Bragado e Pedro Feijoo (Foto: Xesús Ponte)

Xosé Díaz considera ao ilusionista Waldemar «como un emigrante como tantos outros que marcharon facer vida, pero non seu caso tivo a valentía de dedicarse profesionalmente a algo que era tan estrano nese tempo como ser ilusionista». Engadiu que «ía deixando maxia alí por onde pasaba».

Investigou, xunto con Belén Fernández Guzmán, a vida e as marabillas de Manuel Rodríguez Saa, un rapaz que marchou de Bagude (Portomarín) «prometendo que volvería rico e con foguetes, e cumpriuno», lembra Díaz.

Ambos os dous plasmaron a súa xeira no libro ‘O misterioso Dr. Saa’, unha crónica editada por Xerais, que presentaron onte na Feira do Libro de Lugo acompañados polo director xeral da editorial, Manuel Bragado.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios