Las jornadas sobre castros cierran con visita a Viladonga

Un cento de expertos de Galicia, León, Asturias e Portugal participaron nesta cita
Algúns dos asistentes ás xornadas.
photo_camera Algúns dos asistentes ás xornadas.

Unha sesión práctica no castro de Viladonga puxo o punto final ás II Xornadas sobre a Conservación en Castros do Noroeste Peninsular, unha iniciativa organizada polo museo e a empresa BIC Galicia e patrocinada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia na que participaron dende o venres un cento de estudantes e de expertos en restauración.

«O balance é moi positivo. Os participantes están satisfeitos porque houbo moito nivel», explica Elena Varela, a directora do Museo do Castro de Viladonga, que asegura que o obxectivo é darlle continuidade a esta iniciativa, mentres destaca a importancia de «difundir unha serie de traballos que teñen que chegar á sociedade para que entendan a importancia de conservar o patrimonio, que é algo de todos».

As xornadas arrincaron o venres en Lugo con varias ponencias de expertos, que participaron nun debate moderado por Felipe Arias. O sábado organizouse unha visita guiada ao castro de Castromaior, en Portomarín, e á Mitreo. E onte fíxose unha sesión práctica en Viladonga, onde os presentes se puideron achegar aos pros e aos contras da consolidación e a descricións in situ da colocación de drenaxes e lousas de protección dos muros. «As xornadas fanse como complemento aos traballos, que se realizan con fondos Feader da Consellería de Cultura», di a directora do museo.

Comentarios