Martes. 22.01.2019 |
El tiempo
Martes. 22.01.2019
El tiempo

As Xornadas de Historia Local de Foz contarán cun documental do 1947

Panorámica da costa de Foz, no ano 1924
Panorámica da costa de Foz, no ano 1924
A Pomba do Arco prepara para esta vixésimo segunda edición catro relatorios que se celebrarán entre o luns e o xoves da vindeira semana

A asociación cultural A Pomba do Arco de Foz celebrerá entre o vindeiro luns, día 31, e o xoves 3 de agosto as vixésimo segundas Xornadas de Historia Local, que este ano contarán cun documental do 1947e que son un referente da actividade cultural focega.

Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente do colectivo, definiu estas xornadas como "unha aposta por dar a coñecer a nosa historia, divulgar o noso pasado, interpretalo e conservalo". Dende A Pomba destacan a necesidade de poñer en valor o pasado focense, entendendo este como un diálogo co presente.

As Xornadas de Historia Local, que serán de acceso libre e gratuíto, darán comezo o luns ás 20.30 horas na casa da cultura Poeta Manuel María e os catro días de duración terán o mesmo horario e celebraranse no mesmo recinto.

A primeira actividade será a proxección do documental Riquezas lucenses, que foi rodado no Foz de 1947 polo cineasta Carlos Boué baixo un guión de Talentí. Nesta primeira peza farase un percorrido pola actividade madereira, conserveira e pesqueira que naquelEs anos xa se estaba desenvolvendo no concello de Foz.

Tralo visionado do documental, ese mesmo día será a quenda para Xosé María Leal Bóveda, que achegará a realidade conserveira e das fábricas de salgazón no Cantábrico galego dende o século XVIII ata a metade do XX, analizando os cambios que foi sufrindo esta actividade co paso do tempo.

A FALA FOCEGA. O martes 1 de agosto, o historiador focego e autor de diversos traballos de investigación sobre a localidade, Ramón Eiras Fernández, presentará o seu traballo Así falan os focegos, facendo unha clara chiscadela ao poeta Antón Noriega Varela.

O traballo, centrado nos estudios lingüísticos, tratará de achegar as expresións e os nomes populares cos que foron coñecidas varias das familias máis populares da vila de Foz.

O martes, día 2, terá lugar conferencia Mariñáns nas Cortes do século XIX, onde o autor Xosé Ramón Veiga Alonso, especialista na Galicia do século XIX, falará dalgúns dos máis destacados políticos dos partidos xudiciais da Mariña dende o reinado de Isabel II ata as Cortes da primeira Restauración. Asemade, analizarase como foron tratados os problemas da bisbarra no Congreso e Senado durante o século XIX.

O xoves, día 3, daranse por finalizadas estas Xornadas de Historia co relatorio de André Peña Graña, arqueólogo e historiador recoñecido polo seu traballo de investigación nas idades Antiga e a Alta Idade Media galega, períodos sobre os que ten disertado en numerosas publicacións.

Nesta ocasión, a conferencia xirará en torno ás poboacións de orixe británica que se asentaron no norte galego entre os século V e VI, e cuxa figura máis coñecida é o Monasterium Máximum, onde actualmente se asenta a basílica de San Martiño de Mondoñedo.

As Xornadas de Historia Local de Foz contarán cun documental do 1947
Comentarios