As xornadas de Enfermaría tratan mañá a aplicación de coidados paliativos

A Escola Universitaria de Enfermería de Lugo organiza mañá a súa decimoitava xornada de formación e divulgación, na que abordará os coidados paliativos, que teñen como obxectivo promover o benestar e mellorar a calidade de vida do paciente no final da vida; e a calidade asistencial co fin de evitar infeccións relacionadas coa propia asistencia sanitaria. O contido desenvólvese baixo o título ‘Mellora das actitudes nos coidados: calidade de vida e calidade asistencial» e terá lugar todo o día no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula).

Os dous eixos trataranse en senllas mesas redondas. Pola mañá, abordarase a cuestión dos coidados ao final da vida, nun encontro moderado por Juan Antonio Garrido, internista e membro da Comisión Galega de Bioética. Incluirá varios relatorios, entre eles o de Ángel López Triguero, cooordinador do Plan Galego de Coidados Paliativos, que falará sobre ‘Atención ás persoas con enfermidade crónica e avanzada. Cara o novo modelo de atención paliativa’.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios