''Xogando a perderse nos soutos, ou ás guerras nos prados''

Unha lembranza infantil que conservo é de estar no carreiro da horta unha mañá de sol mentres miña nai lavaba a roupa na pía, ao carón do pozo. Eu era pequerrechiño e por iso me tiña preto dela. Púxome un gorro de tea para me protexer do sol. Lembro con moita viveza a sensación de alegría que me producía andar polo carreiro, debaixo das mazairas, pasando do sol á sombra e da sombra ao sol. Debeu ser a primeira vez que chegou á miña conciencia un sentimento de gozo asociado á luminosidade do sol, á sombra das mazairas e á sensación de andar.
Ramón Piñeiro / Láncara

De rapaz, eu entraba moitas veces na igrexa. Baixaba á cápela de Nosa Señora de Valdeflores, e compracíame en mete-lo dedo polo furado aberto no sartego do Conde Santo, a urna de extraño mármore que, segundo se decía, trouxera o nela soterrado, de Palestina. Brincaba tamén pola alameda e polo cantón. Nalgunha ocasión sentábame nun dos bancos de pedra para contemplar a fachada de Fernando de Casas. Folgábame, sobre todo, fixar a ollada no Conde Osorio, de palmeiro, tan aparente alí. Viña ao meu maxín a historia que me contaran.
Francisco Fernández del Riego / Vilanova de Lourenzá

Mi familia por parte de padre es toda de aquí. Es un buen motivo para venir. También me apetecía que mi hijo conociera una parte muy importante de sus orígenes. Los buenos momentos de mi infancia y mi adolescencia los viví en Fondevila. Es una aldea con tres casas y en todas había niños. Cuando estaba con ellos hacíamos excursiones o jugábamos al fútbol contra los de Suar. Era un ambiente que para los niños de ciudad que veníamos de Madrid, Vigo, Barcelona o San Sebastián se convertía en una gran experiencia. Muchos no conocíamos el campo o creíamos que la leche venía del supermercado. Yo agradezco haber crecido con esta parte, te hace apreciar cosas más sencillas en la vida.
Tristán Ulloa / Fondevila / Antas de Ulla

Lembro aquela bañeira de zinc onde mamá me bañaba ao carón do lume. Sensacións de luxo e de Lugo. Lembro os azulexos de cores e a meu avó Marful sentado no seu recuncho pedíndome unha ‘chiquita’ de viño.
Ugía Pedreira / Vilaronte / Foz

Recuerdo una infancia normal en Río dos Foles, feliz, con las dificultades de la vida. Iba al colegio Pastor Díaz, entonces todos nos conocíamos y la relación que se establecía entre los niños era diferente, jugábamos más en la calle, los del barrio éramos una pandilla. Ahora, por lo que aprecio, la relación de los chiquillos es en otros ámbitos.
Sor Miria Gómez Fernández / Viveiro

Desde neno, resido varias tempadas en Lamaquebrada e Arxeriz con meu tío don Xoán quen, ao longo dos anos, influiría moito no meu xeito de ser e mesmo de obrar. Con fondo respecto e agarimo recordo as festas do Corpus na casa do Ventura de Forcados, onde vivía o avó materno, don Xenaro.
Xosé Rodríguez López / Pousada / San Martiño de Mariz / Chantada

Cando estiven en Mondoñedo, que é onde máis vivimos nós, había unha praza que naquela época eu a vía grande e agora é pequerrecha. Estou seguro de que unha casa que hai alí foi onde nós vivimos. Había por alí unha especie de regato que pasaba preto dunha praza e eu lembro que as mazás ían flotando. Vino todo un pouco distinto. Un horto que tiñan as irmás de meus pais e, ese si, en canto o vin, dixen que era o horto. E iso que lle pasaron unha rúa polo medio. Mondoñedo segue a ser un lugar moi bonito.
Óscar Fernández Mel / Mondoñedo

Miña nai naceu en Triacastela. Logo meus pais foron vivir a Barcelona, pero miña nai veu a Lugo para que nacera aquí. Crieime entre Barcelona, Bilbao, A Coruña e Santiago. Co sitio co que sempre máis me identifico é con Triacastela, pola devoción que teño cara ás súas paisaxes. Miña avoa vivía entre Sarria e Triacastela e teño pasado con ela algúns veráns durante os primeiros anos da miña infancia. Recordo as viaxes no bus para ir de Sarria a Triacastela. Nos baixos ían cochos, galiñas... e iso para un neno urbanita coma min era sorprendente. Tamén teño recordos da matanza e dalgunha malla e lembro que a primeira vez que vin a neve foi no alto do Poio.
Anxo Lugilde / Triacastela

Aquí tenía todo lo que puede querer una niña. Vivíamos en las afueras, en una casa muy amplia, teníamos gallinas, perros... Recuerdo que salíamos mi madre, mi abuela y yo a merendar al campo, con el chófer, yo elegía el lugar donde quería comer y allí nos quedábamos, y la mayoría de los domingos salíamos a ver pueblos, a una feria de ganado, a comer percebes a Viveiro... Era una sensación de libertad que no he vuelto a tener, por eso me pareció el sitio para volver. Cuando regresamos a Madrid fue tremendo; como dice Ana María Matute, me desalojaron de mi infancia.
Paloma San Basilio / Lugo

Supoño que a miña infancia no vello Portomarín sería totalmente diferente ao novo Portomarín dende o momento en que tería o río á porta da casa. Penso que sería moito máis entretida que na vila nova porque era unha forma de vida máis rural: todos os meus familiares tiñan hortas, terras, o meu avó ía pescar... Ademais, cando foi o da inundación moita xente emigrou en busca dun novo futuro e na vila nova quedamos moi poucos, incluso poucos nenos cos que poder xogar.
Luis Vázquez Carballido / Portomarín

Mi apego geográfico lo tengo repartido entre Allariz y ese Monforte, de título y talante de ciudad y de habitantes simpáticos y hospitalarios, con singular sentido del humor. Por añadidura, aquí contraje matrimonio con una guapa moza que había de ser una ideal esposa y madre de los dos hijos que hemos tenido y destenido, si me permitís que saque de la manga el verbo ‘destener’, en atención a lo que tiene de suavizante para Odulia, mi mujer, y para mí.
Francisco Suárez Fernández / Monforte de Lemos

Nos recordos sempre volves á infancia: aos xogos na horta, no faiado da casa ou nas obras do noso barrio, a eses veráns na aldea, xogando a perderse nos soutos, ou ás guerras nos prados cando iamos cos animais (Lois Pereiro).
Xosé Manuel Pereiro / Monforte de Lemos

Uno de aquellos veranos coincidimos en casa de mis tíos cuatro primas, cada una de su casa, y aunque nos queríamos mucho, con cinco y seis años que teníamos las peleas eran constantes y mis tíos tuvieron que hacer una programación para mantenernos ocupadas y satisfechas de nuestro trabajo. Mi tía nos proporcionaba trapos y nos hacía responsables de su lavado en los preciosos lavaderos del río Valiñadares.
Elva Fernández Leivas / Mondoñedo

En Carballo atopábame un pouco descentrada porque alí había tres pequenos, os fillos dos meus tíos. Eles chamábanos papá e mamá. Eu tamén os chamaba así, pero os nenos me dicían: «Estes non son teus papás».
Remedios López Villar / Carballo / Friol

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións da edición impresa: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios