Xoán Guerreiro: ''La crisis fue el tamiz para eliminar el exceso y permitió que sigan las cosas que tienen que continuar''

Xoan Guerreiro, no seu estudio. AMA
photo_camera Xoan Guerreiro, no seu estudio. AMA

O centro cultural Torrente Ballester da cidade departamental abre hoxe, ás 20.00 horas, unha exposición do creador xovense, que permite coñecela súa traxectoria, pois trata os grandes temas da súa obra: paisaxe urbana, mar e tren. A mostra percorrerá Galicia e logo dará o salto fóra das súas fronteiras.

‘Rexistros do silencio’ é o título da mostra compilatoria que hoxe inaugura o xovense Xoán Guerreiro en Ferrol, onde se poderá ver ata o vindeiro 29 de marzo antes de pasar a outra cidade galega. Son 24 obras novas, xunto a outras nove de coleccionista, distribuidas en tres salas. Noutra proxectarase un vídeo sobre a súa andaina.

Sempre traballa no estudio?

Collo apuntes fóra e traballo no estudio, porque necesito intimidade, non é que sinta vergoña, pero non me gusta pintar de cara ao publico. Unha persoa pódeche romper o equilibrio cando creas.

Que prima ó facer un cadro?

Intento transmitir unha mensaxe, o éxito da obra está en que o discurso chegue á xente, por iso cargan a miña pintura de connotacións poéticas e de soidade, quero que a xente sinta iso.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios