Xoán Galán: Con oito ou nove anos xa repetía o ‘parte’ na mesa da cociña cun lapis a modo de micro

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
Calidade de vida.

P ¿Que quería ser de pequeno?
R
Presentador. Con 8 ou 9 anos xa repetía o parte na mesa da cociña cun lapis a modo de micro.

P ¿Unha película favorita?
R
Son de Hitchcock e, por suposto, de Con la muerte en los talones.

P ¿Un libro?
R
Acabo de rematar a terceira entrega de David Gurney, un detective retirado antes dos 50.

P ¿Unha comida?
R
. O rape e o bacallau.

P ¿Un lugar para perderse?
R
Váleme calquera no que estean presentes a familia e os amigos.

P ¿Cal é o segredo do éxito do ‘Galicia en goles’ na Radio Galega?
R
A historia remóntase a 1985. Xesús Lodeiro creou un programa que callou no afeccionado. Hai frases tan míticas como o “partido cativeiro e para o árbitro, un sero” do Decano. Contamos cun grande equipo de profesionais e un bo ambiente. O oínte cáptao.

P ¿Cre que Celta e Deportivo van sufrir ata final da tempada?
R
Gustaríame dicir que en marzo estarán aspirando a Europa, pero hai que ser realistas. Van ser claves os reforzos de inverno e a evolución do concurso no Dépor..

Xoán Galán Presas


Naceu na Coruña en 1969, comezou como colaborador nos partidos do Sada e leva 14 anos á fronte do Galicia en goles da Radio Galega

Gústalle pasear pola praia de Bastiagueiro ao solpor e este ano gustaríalle narrar a permanencia de Dépor e Celta

Comentarios