Domingo. 19.11.2017 |
El tiempo
Domingo. 19.11.2017
El tiempo

A XIII Foliada de Melide será do 28 ao 30 e ofrecerá 7 concertos e tradición

Participantes no evento nunha edición anterior
Participantes no evento nunha edición anterior
Zoelas, Pelepau, Mas Karpone, Herba Grileira, Fiadeira, Blues do País e Davide Salvado darán son a unha das principais citas musicais da zona

A Foliada de Melide xa ten data de celebración, a última fin de semana de abril, do venres 28 ao domingo 30. Seis concertos e unha chea de actuacións farán de Melide a capital da música tradicional de Galicia, nunha das citas deste tipo con máis sona da Ulloa.

A trixésima terceira edición desta foliada arrancará co concerto de Zoelas, conformado por cinco mulleres da asociación ulloá Fiadeira. O sábado será a quenda de Pelepau, un grupo vigués que basea a súa produción en cantigas de taberna arranxadas para voces e percusión. Seguiranlles Maskarpone, cunha mestura entre música tradicional e reggae. O domingo ao mediodía serán protagonistas grupos da Ulloa como Herba Grileira e Fiadeira. A cabeza de cartel deste ano será Davide Salvado, que pechará a cita o domingo, seguido de Blues do País e Sindicato da Verbena.


Ao longo da fin de semana tamén haberá animación de rúa, obradoiros de baile galego, marchas gaiteiras e xogos populares


Os concertos celebraranse nos privilexiados escenarios da Praza do Convento e da Praza das Coles, no casco histórico de Melide. Esta última praza será o punto de encontro dunha chea de agrupacións musicais o sábado pola tarde, a meirande parte delas da comarca: Froito Novo, Herba Grileira, Pozo Pequeno e Alhóndiga, de Melide; O Bingo Birón e Gaiteiros do Balado, de Toques; A Maristela, de Sobrado dos Monxes; Fol da Chousa, de Santiso; O'Bringuelo, de Arzúa; Falcatrueiros, de Monterroso; Palacio de Rei, de Palas de Rei; Airiños Galegos Doce Albor, de Santurizi, e A Rexouba, da Coruña.

Ademais da música, esta festa inclúe dende hai anos distintos aspectos culturais, e ten na Mostra de Artesanía un dos puntos de encontro fundamentais. Dende as 11.00 horas do sábado, no seu recinto poderán atoparse instrumentos tradicionais galegos, como gaitas, pandeiretas ou zanfonas, pero tamén outros postos con algúns dos produtos gastronómicos máis recoñecidos da zona e de toda Galicia ou distintas mostras de oficios tradicionais.

Ao longo da fin de semana tamén haberá animación de rúa, obradoiros de baile galego, marchas gaiteiras, xogos populares, actuacións destinadas ao público infantil e mostras de baile tradicional.

CONCURSOS. A fotografía tamén terá o seu oco na Foliada de Melide, a través da terceira edición do concurso fotográfico. Nel poderán participar todas as persoas que o desexen, con instantáneas que teñan por temática a propia foliada, e relacionadas con calquera das actividades do evento. Poderán presentarse ata cinco fotografías por autor, ata a data límite do 7 de maio.

No intento de lograr un achegamento dos máis pequenos, a Foliada de Melide celebra tamén a sexta edición do concurso Xente Cativa, que propón que os alumnos de educación primaria plasmen nun debuxo o elemento que máis lles guste de toda a foliada.

Os debuxos recolleranse en cada centro entre o 18 e o 20 de abril, e expoñeranse do 24 de abril ao 5 de maio na Biblioteca Municipal de Melide, dentro da programación da foliada. Todos os alumnos recibirán, ademais, un diploma.

A XIII Foliada de Melide será do 28 ao 30 e ofrecerá 7 concertos e...