Xermolos premia un cento de traballos no Certame Terra Chá

Os galardóns ás mellores creacións de vídeo, literatura, poesía fotografía ou cómic entregaranse en Pardiñas

A asociación Xermolos de Guitiriz recoñeceu máis dun cento de traballos no XXVII Certame Terra Chá, un concurso ao que concorreron 820 traballos de 68 centros de ensino. Os galardóns entregaranse o 7 de agosto, ao redor das 19.00 horas, no Festival de Pardiñas.

Entre os colexios de Terra Chá, nas distintas categorías da modalidade de debuxo resultaron premiados David Balseiro, Aitor Rábade, Martín Guizán, Sara Anido, Noa Seoane e Eva Alonso, todos eles do Ceip Insua Bermúdez de Vilalba; Kevin Pumares, Paula Caramazana, Sara Morandeira, Daniel Uriz e Brais Lorenzo do Santo Estevo de Parga; Mateo Rouco, Lucía Yáñez Seijas e Abdessamad, do Mato Vizoso vilalbés, e Uxía Rivera, Paula Roca y Sara Paz, do Lagostelle de Guitiriz. Tamén recibirán galardóns Nerea Barrio, do IES de Rábade, e Lucía Campos, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

En poesía, levan premio Nerea Villar, do Mato Vizoso; Nara Gómez, Lara Castro e Natalia García. do Santo Estevo; Miguel Lozano e un grupo de alumnos de sexto do Insua Bermúdez, e Fátima Fernández, do IES Poeta Díaz Castro. En prosa, os traballos recoñecidos pertencen a Teresa Lorenzo e Lucía Rodríguez, do Lagostelle; Laura Fraga, do Mato Vizoso, e María Caballero e Sara Puentes, do Insua Bermúdez.

En fotografía, valoráronse as obras de Abel Pena, do Lagostelle, David Hermida, do Mato Vizoso e Noa Pena, do IES Poeta Díaz Castro, mentres que en cómic destacaron Erea Platas e Alexia Cenolán, do Mato Vizoso. Jesús Vázquez, do Lagostelle, foi distinguido polo seu mural.

Ademais, reciben premios en todas estas categorías alumnos de máis dunha ducia doutros centros educativos galegos.

CREACIÓN colectiva. O certame tamén distingue outras creacións artísticas colectivas. Así, reciben premios os poemas ilustrados de 3º do Ceip Santa María das Pontes, a serie de debuxos inspirados no poema ‘Galicia’ de 1º do Ceip de Foz ou o traballo sobre Manuel María de 3º da Eso do IES da Terra Chá de Castro de Rei.

Recoñécense tamén audiomusicais do Nº 1 da Estrada, do CEP Riomaior de Vilaboa e ‘Coma o vento’, do IES de Abegondo; o vídeo documental ‘Canto ao idioma galego’ do IES Poeta Díaz Castro; as creacións ‘O lobo’ e ‘O sol e o arco da vella’, das clases de cinco e catro anos, respectivamente, do colexio San Vicenzo de Vimianzo, e un documental sobre a creación dunha obra de teatro da clase de 4º B do Insua Bermúdez.

Comentarios