Xermade amosa un cento de fragmentos da súa historia

Escolares de Roupar
photo_camera Escolares de Roupar

Unha mostra temporal e ineludible para os veciños de Xermade. Así é a primeira exposición de fotografías antigas que promove o Concello de Xermade en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos e que só se poderá ver hoxe no pavillón municipal, coincidindo coa celebración da Festa da Terceira Idade.

O Concello logrou xuntar xa un cento de imaxes que amosan diferentes fragmentos da historia do municipio e das súas xentes ao longo do século XX, pero quere que esta primeira exposición sexa só o comezo dun proxecto máis amplo, para o que piden a cooperación de todos os veciños. «A nosa idea é recompilar todas as fotos antigas que se poida para crear una base de datos ampla e ter así unha historia en imaxes do concello», explica o concelleiro Antonio Riveira.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios