Tamara Rubiños: ''La gente valoró esta iniciativa porque se enseñaron cosas válidas para el día a día''

ADE0603P138F1-001.JPG
photo_camera ADE0603P138F1-001.JPG

A asociación clausura esta tarde na escola de Celeiro de Mariñaos o primeiro curso da Universidade Rural, iniciativa adicada á ensinanza nas antigas escolas barreirenses que tivo unha gran acollida veciñal, cunha mesa redonda na que se darán cita membros doutros proxectos de aprendizaxe que se están poñendo en práctica noutros medios rurais.

se hai un colectivo cultural cuxos proxectos sexan practicamente un sinónimo de éxito ese é Ollomao. Despois do bo resultado de iniciativas como a xornadas de historia local e a espectacular acollida da representación de ‘Os vellos non deben namorarse’ -que congregou a máis de 3.500 persoas ó longo de doce representacións-, a asociación barreirense clausura esta tarde o primeiro curso da Universidade Rural de Barreiros, unha serie de ensinanzas prácticas -denominados sementes- nas que, ademáis, se recuperou o sentido primixenio das escolas rurais como centros de ensino. Tamara Rubiños é a súa presidenta, e non pode ter máis que unha valoración positiva do ciclo que acaba de rematar.

Que tal a experiencia desta inédita Universidade Rural?

Moi boa, o certo é que todos os membros de Ollomao quedamos moi contentos, tivo moi boa acollida. Cando tivemos esta idea e a puxemos en práctica, realmente nós non sabiamos se continuaría ou non , ou cal sería a reacción da xente, pero visto o visto, sí que continuará. Ó rematar as sementes pasamos unha enquisa entre todos os asistentes e dixéronnos que sí que seguirían asistindo.

De cantas persoas se estaría a falar neste sentido?

Entre todos os cursos, participaron ó redor de 80 persoas, tendo en conta de que había xente que ó mellor estaba anotada en dous ou tres cursos diferentes.

TEATRO
«Ter a 700 persoas en Barreiros no estreno dunha obra teatral foi algo que nos abraiou»

Que outros proxectos teñen?

Tivemos unha reunión onte para a nova montaxe do grupo de teatro. Imos representar ‘Noite de Reis’, unha adaptación da obra de Shakespeare. O grupo continúa coa xira de ‘Oé, oé, oé’, unha obra máis pequena de só tres actores. No verán continuaremos coas actividades de ano tras ano, como a festa das letras, o certame fotográfico e as xornadas de historia local. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios