Gente sin miedo a las cámaras

Para Óliver Laxe non existe a división entre actor amador e actor profesional. A el -conta- gústalle traballar con xente que non vive da interpretación, con «modelos», non no sentido de pasalera, senón «nun sentido bressoiano». Vinte alumnos -xente do teatro afeccionado, pero non só- asistiron onte a escoitar no Museo de Lugo as leccións deste cineasta de orixe luguesa que foi premiado pola crítica en Cannes.

Laxe apóiase na súa actividade docente pola actriz e directora de actores arxentina Magdalena Arau e polo documentalista Manu Mayo, que está a rexistrar o traballo das sesións, que se desenvolven ao abeiro do proxecto Buxiganga da área de Cultura da Deputación de Lugo ata mañá.

Mentres os alumnos do curso lles contan a Laxe e Arau que son bailaríns, actores, dramaturgos curtidos na ‘stand up comedy’, curtametraxistas, actores e cantantes de cabaret ou produtores audiovisuais, na pantalla do fondo lense os nomes de Isabelle Huppert e Gerard Depardieu. A película? ‘Loulou’, de Maurice Pialat.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios