''Xamais pensei que acabaría tendo 2.000 visitas ó día''

MAR0803P15F1.JPG
photo_camera MAR0803P15F1.JPG

Este portal electrónico, no que colaboran centos de pontenoveses, cumpre esta mesma semana catro anos de existencia. Cal é a súa relevancia social?

Hoxendía é un portal que ten publicadas 5.000 noticias; ademais, a finais de 2011, tíñamos superado os dous millóns de visitas e temos chegado mesmo á cuota das 5.000 diarias e a máximos de 140 usuarios conectados simultaneamente. Colabora moita xente.

En que países aparece a páxina web referenciada?

Pois amósase algún enlace a www.pontenova.es en máis de 8.000 páxinas e visitáronos xa dende 76 países. Estamos tamén presentes nas redes sociais con máis tirón e os nosos tuits son compartidos diariamente entre centos de persoas. Por exemplo, en Facebook contamos con 2.500 amigos.

E como comezou o proxecto de crear este portal?

Entre febreiro e marzo de 2008, debido a unha enfermidade que me mantivo apartado do traballo durante máis dun mes, mataba as horas creando un blog que quería compartir cos veciños. Xamáis pensei que catro anos despois tería 2.000 visitas diarias, pero da man de Chass, foi posible.

Comentarios