Xaime Varela: ''As páxinas en redes sociais son os centros galegos de hoxe en día''

Xaime Varela na sua Agolada natal. SEBAS SENANDE.
photo_camera Xaime Varela na sua Agolada natal. SEBAS SENANDE.

Cal é a razón que leva a un londinense a estudar galego?

Un grupo importante de rapaces faino porque as súas orixes son galegas, e tamén hai outros que o fan simplemente por interese, polo feito de coñecer unha lingua máis. Londres é unha cidade multicultural na que se falan máis de 200 linguas e, aquí, coñecer unha lingua máis sempre suma; a diversidade é moi valorada. Os meus alumnos, por exemplo, á parte do español e o inglés, todos se desenvolven alomenos noutra lingua.

Que outros labores desenvolve en Londres?

Xestiono un blogue chamado Fala Londres e un perfil en Facebook e Twitter chamado Galego en Londres. Mediante estas ferramentas tratamos de dar información sobre as actividades dos galegos que están en Londres e tamén dar acollida e axudar os novos emigrantes. Ao mesmo tempo, son ferramentas educativas, que utilizo moito nas miñas clases. Tamén organizamos charlas nas que distintos profesionales galegos pasan de forma desinteresada polo instituto a falar cos rapaces, contándolles o que fan e a súa experiencia, sempre en galego. É un xeito de prestixiar a lingua, que vexan que se poden facer cousas en galego, que non é só asunto do profesor ou de xente especialmente comprometida co seu uso. O ano pasado viñeron 60 persoas, entre eles o viveirense Dani Ladra, entrenador do Baku United, gañador este ano da Super League de fútbol sala inglesa.

As redes sociales son algo novidoso no ensino, como as emprega?

Eu doulle uso a todas as ferramentas gratuítas que a rede 2.0 ofrece. Podo subir un vídeo, un ‘post’ no blogue ou unha foto na rede social e, a partir de aí, os alumnos teñen que facer o traballo. Por exemplo, podo poñer unha foto cuns personaxes e os alumnos terán que dicir que é o que fixeron onte estes personaxes. E logo toda a comunidade participa, corrixindo e aportando a súa opinión, implicándose na educación dos rapaces e, ao mesmo tempo, tomando conciencia de que a sociedade ten que ser parte do asunto.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios