Xacio Baño: ''Me gusta contar lo que me sale en el momento, sin pensar en rodar en un género concreto''

Xacio Baño / Foto: ANTONIO LÓPEZO realizador xovense gañou o XI Festival de Cine de Cans coa curtametraxe ‘Ser e voltar’, un retrato dos seus avós maternos, Josefa e Ramón. O proxecto comezou como unha gravación de recordo e de ámbito familiar para rematar sendo coñecido en toda Galicia e agora tamén fóra.

Xacio baño naceu no municipio mariñán de Xove, no que aínda residen os seus avós maternos, os protagonistas da curtametraxe ‘Ser e voltar’. Dende que descubriu a súa paixón polo cine mentres estudiaba en Madrid, tivo claro que o que realmente quería era ser director. Dende entón non parou de armar novos proxectos que o levaron a participar en distintos certames ata conseguir ser o gañador dun deles con esta cinta.

E por que fai a curtametraxe ‘Ser e voltar’?

En realidade nun primeiro momento non tiña pensado facer ningunha curtametraxe. A miña idea era facer un vídeo de lembranza dos meus avós para o día que, por desgraza, xa non estean comigo. Pero cando empecei a montar as imaxes a miña avoa pregúntoume como se facía iso e a partir desas dúbidas ocurréuseme facer a historia que despois titulei ‘Ser e voltar’, en parte para que eles entenderan o meu traballo.

Cando comezou a gravala?

Como foi todo moi

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios