Xabier DoCampo se revela como un Gulliver por las ''islas habitadas'' que son los libros

Xabier DoCampo (centro), con Paco Martín (esquerda) e Manuel Bragado, onte en Lugo. (Foto. Pepe Tejero)
photo_camera Xabier DoCampo (centro), con Paco Martín (esquerda) e Manuel Bragado, onte en Lugo. (Foto. Pepe Tejero)

Xabier DoCampo afirmou onte en Lugo que os libros «son illas habitadas», no sentido de que son ámbitos pechados «para descubrir e descubrirse a un mesmo. Para reforzar esa idea dunha illa con veciños, DoCampo sacudiuse o pudor e contou unha fantasía de infancia. «Cando era neno, nese momento marabilloso entre meterte na cama e quedar durmido, imaxinaba que unha estrela caía e eu era un Gulliver que podía mirar dentro dela», lembrou para concretar que miraba «a vida completa dos liliputienses» que a habitaban. En paralelo a ese ensoñamento, «os libros teñen uns habitantes que podes observar e non saen deles».

O escritor de Rábade falou dos atractivos literarios da insularidade ao presentar ‘A illa de todas as illas’ na libraría Biblos de Lugo, onde estivo acompañado por Paco Martín e máis polo director de Xerais, Manuel Bragado.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios