Xa que non hai para comer, imos de copas

OS BANCOS executan sen remisión os desafiuzamentos de quen non pode facer fronte ás hipotecas. Aquí os cidadáns non atopan respaldo dos gobernos, os mesmos que non teñen reparos en avalar a clubs deportivos para paliar os seus excesos na xestión. Se un equipo non pode funcionar cos seus recursos, deberá desaparecer ou baixar de categoría; pero non o ha manter unha institución rescatada que non ten para pagar aos funcionarios e obrigada a pechar hospitais para rebaixar o déficit. Pois resulta que a Comunidade Valenciá paga 118 millóns da débeda do Valencia, Hércules e Elche e convértese así no seu principal propietario porque eles non poden asumir o comprometido, e porén refórzanse no mercado de inverno coa incorporación de novos xogadores. E os veciños que quedaron sen casa por non lograr pagarlle ao banco son compensados, no mellor dos casos, coa vitoria do seu equipo. E hai xente que o ve ben.

Comentarios