Xa non producimos nin comida

O SECTOR agrario aportaba preto da metade do PIB español a principios do século pasado e cen anos despois é de pouco máis do 2%, e a poboación ocupada pasou do 66 ao 5 por cento. Moito cambiou o panorama rural neste tempo, e non só en números, senón na concepción, pois agora, como dixo o investigador e científico australiano Bill Mollison, o problema do sector primario é que non está orientado á produción de comida, senón á produción de diñeiro, e iso conleva abandono. A Galicia rural esmorece (catro municipios lucenses terán menos concelleiros nas próximas eleccións) porque nos últimos trinta anos a Xunta favoreceu a despoboación para concentrar xente en núcleos urbanos en vez de buscar alternativas cos produtos do campo como estandarte e a industria agroalimentaria como dinamizadora. Sería a mellor discriminación positiva que sempre se anuncia e nunca chega.

Comentarios