O SECTOR agrario aportaba preto da metade do PIB español a principios do século pasado e cen anos despois é de pouco máis do 2%, e a poboación ocupada pasou do 66 ao 5 por cento. Moito cambiou o panorama rural neste tempo, e non só en números, senón na concepción, pois agora, como dixo o investigador e científico australiano Bill Mollison, o problema do sector primario é que non está orientado á produción de comida, senón á produción de diñeiro, e iso conleva abandono. A Galicia rural esmorece (catro municipios lucenses terán menos concelleiros nas próximas eleccións) porque nos últimos trinta anos a Xunta favoreceu a despoboación para concentrar xente en núcleos urbanos en vez de buscar alternativas cos produtos do campo como estandarte e a industria agroalimentaria como dinamizadora. Sería a mellor discriminación positiva que sempre se anuncia e nunca chega.
Buscar
Más en Noticias
Noticias
España vive temperaturas bajo cero mientras que Galicia afrontará una jornada de transición
Redacción
23/abr./24 18:21
Noticias
Dani González asinou un hat trick para apertar ao Outeiro na clasificación
Redacción
21/abr./24 22:46
Xogador do Folgueiro
Óscar Pérez Meitín marcou de penalti e no desconto para lograr a vitoria
Redacción
21/abr./24 22:10
Dianteiro do Paradela
Juan Manuel Silva, responsable dun hat trick na goleada ao Quiroga
Redacción
21/abr./24 21:30
Comentarios