Votacións contraditorias

Non é por menosprezar institucións, pero hai votacións nelas que se aproximan máis á pantomima que á solemnidade que se lles presupón. É comprensible que todo o Parlamento galego vote para que non desaparezan partidos xudiciais por unha decisión do Goberno central que non parece coñecer demasiado ben a realidade galega, e se fose ao contrario, semella que lle dá igual a súa peculiaridade. Pero se logo o mesmo partido que aquí vota nun sentido faino ao contrario no Congreso amosaría ese remedo representativo distante do que debería ser unha postura razoable. E a votación prodúcese logo de que o presidente galego avanzara que ía pelexar por sete partidos xudiciais, dos 45 que hai. Non é a primeira nin por desgraza será a derradeira vez que unha formación política vota nun concello, deputación ou Parlamento unha cousa e a inversa, así están deostados os políticos.

Comentarios