A voltas co cambio de hora

Moitos mariñáns son partidarios de manter o fuso horario actual e non atrasar os reloxios o vindeiro sábado, pero algún tamén ve raro que no verán haxa tanto tempo de luz
El hasta ahora presidente de Beiras de Viveiro, Domingo González.
photo_camera O hostaleiro Domingo González

O cambio de hora o vindeiro sábado (ás tres da madrugada serán as dúas) causa trastornos a moitos cidadáns, tanto no traballo como na súa vida cotiá. Os mariñáns consultados son partidarios, por unha ampla maioría, de manter o fuso actual tamén no inverno para non perder luz durante a tarde e aproveitar mellor os días.

O hostaleiro viveirés Domingo González pensa que «no tiene ningún sentido» y añade que «no le veo ningún beneficio». Neste senso indica que os países veciños -coma Portugal- «son máis listos». A González gustaríalle coñecer que pensan catedráticos sobre como afecta ao consumo e tamén na vida diaria, porque está convencido de que «economicamente nos cuesta más dinero, los beneficiados son las compañías eléctricas». O hostaleiro cre que para Galicia é moi prexudicial. Asegura que el terá que traballar unha hora máis o sábado, pero pensa que o cambio tamén prexudica á xente que traballa en quendas.

Iso atestíguao Adolfo Corral, representante da CIG Saúde no Hospital da Costa, ubicado en Burela, quen di que o persoal que traballa en quendas rotatorias todo o ano xa ten un traballo penoso, que se agrava co cambio de hora. «Ese baile perxudica aos traballadores que están a quendas, tampouco compartimos que haxa un aforro, agás que vaia dirixido ás grandes empresas». Por iso, é partidario de manter todo o ano a mesma, xa que senón «isto é un descontrol».

O profesor Alfonso Piñeiro dubida igualmente da rendibilidade de cambiar dúas veces ao ano a hora. «O que perxudica son os cambios, a hora que tiña que ser o máis axustada posible á solar, que é o que dicta o meridiano de Greenwich». Constata que dá a sensación de que case todo o día «estamos en escuridade» e pensa que para aproveitar máis a mañá habería que empezar antes.

A panadeira Susana Lombardero tamén preferiría que deixasen a hora actual, «sobre todo para a xente maior, xa non digo para os que estamos traballando, pero as tardes fanse inmensamente longas e non dá tempo a ir ao parque cos cativos, porque anoitece ás cinco e media».

Tampoco ve xustificación ao cambio o viveirés Manuel Galdo, empregado en Alcoa, que considera máis equilibrado e lóxico o horario de Portugal, pero el non entende tantas horas de luz no verán nin tan poucas no inverno, cando queda pouco tempo para a vida social, sinala. «España non ten uns horarios moi europeos, non temos esa cultura para vivir nin para traballar».

O mariñeiro José Manuel Chaves di que no mar «case nos dá igual, pero non se aforra pois as farolas da lonxa terán que acender ás seis cando no verán ata cerca das once non funcionan».

Domingo González Hostaleiro en Viveiro "Económicamente nos cuesta más dinero, los únicos beneficiados son las compañías eléctricas"

Alfonso Piñeiro Profesor en Ribadeo "O horario tiña que ser o máis axustado posible á hora solar, que é o do meridiano no que estamos"

Susana Lombardero Panadeira en Ribadeo "No inverno, as tardes fanse inmensamente longas, porque nin podes saír cos cativos dar un paseo polo parque"

Adolfo Corral Traballador sanitario "Este traballo ten penosidade polas quendas rotatorias e ese baile de horas prexudica aos traballadores"

José Manuel Chaves Mariñeiro de Viveiro "Non se aforra porque as farolas da lonxa terán que prender ás seis e non verán ata cerca das once non funcionan"

Manuel Galdo Empregado de Alcoa "O de Portugal paréceme máis equilibrado e lóxico, pero España non ten uns horarios moi europeos"

Comentarios