martes. 23.07.2019 |
El tiempo
martes. 23.07.2019
El tiempo

Viveiro tamén celebra o Día das Letras Galegas

A coral Alborada e Sons de Celeiro interpretaron o himno galego e outras pezas populares

Os actos das Letras Galegas tiveron en Viveiro como epicentro a Praza da Fontenova, onde actuaron dúas formacións. A coral Alborada interpretou seis pezas populares. Antes actuou o grupo Sons de Celeiro, que cantou e tocou pezas do seu disco ‘Novos Cantares’.

Pechou o acto o himno galego, interpretado por Alborada e Sons de Celeiro, e acompañado á gaita polo concelleiro de educación, Jesús Fernández, co que se puxo fin a Letras con Música e se deu paso aos Maios, que anuncian a chegada do bo tempo. É unha antiga tradición viveiresa.

Viveiro tamén celebra o Día das Letras Galegas
Comentarios