Nin viven en Hollywood, nin teñen unha estrela no Paseo dos Soños, pero as cámaras xa non teñen segredos para eles. Os alumnos da Uned Sénior de Eume e Terra Chá son os protagonistas absolutos de tres documentais gravados polo realizador de cine Marcos Nine -xa á venda por dez euros-, centrados na aula de música, nunha viaxe ás localidades portuguesas de Ponte de Lima e Porto e aos xogos cos que se entretiñan de nenos.
‘Aula de música’ é unha mediometraxe de case 40 minutos que recolle cómo os alumnos e as alumnas da Uned Sénior de Eume e Terra Chá acoden a unhas clases nas que recuperan vellas cancións tradicionais, reciben leccións de solfeo ou memorizan partituras.