Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

Villares: "Se a Feijóo lle quedaba algo de reputación como xestor queimouna durante todos estes días"

En Marea pedirá no Congreso a comparecencia dos ministros de Interior, Defensa e Agricultura sobre os incendios en Galicia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, cargou con dureza contra a política forestal da Xunta e a xestión do Goberno galego durante a vaga de incendios que arrasou Galicia o pasado fin de semana. "Se a Feijóo lle quedaba algo de reputación como xestor queimouna durante todos estes días", asegurou.

Villares participou na mañá deste domingo na manifestación convocada pola Plataforma contra a Lei de Depredación de Galicia que, baixo a lema "Lumes Nunca Máis", reuniu a 10.000 persoas na capital galega, entre as que se atopaban representantes do ámbito político, social e cultural de Galicia.

"A fin de semana afundiuse o Estado e emerxeu a nación", aseverou Villares, para o que Galicia "viviu o seu domingo negro" baixo "o abandono e a absoluta incompentencia" do Goberno galego. "Foi a propia cidadanía organizada a que cos seus propios medios saíu á rúa e coas súas propias mans defendeu o ben común", apostilou.

Así, puxo o foco na "imposibilidade" da Xunta de afrontar "unha emerxencia que era consecuencia dun sistema forestal e dun medio rural absolutamente desordenado e que non atende ás necesidades da poboación".

Nesta liña, criticou a xestión e coordinación do sistema de emerxencias durante o fin de semana, que deixou "desasistida" á poboación. A continuación, asegurou que a Xunta "non contactou cos concellos afectados para ofrecer solucións" ao longo da semana.  Así mesmo, denunciou que "o paquete de medidas aprobadas o xoves pasado non chega para restaurar o equilibrio ecolóxico e a política forestal", polo que cre que as accións anunciadas "non chegan para solucionar os problemas do país".

"Necesitamos outro plan de carácter forestal e agrario, un pacto polo territorio para cambiar a paradigma. Isto non é unha cuestión de incendios que afecte ao rural no verán", incidiu

ESIXE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS. Así as cousas, Villares reclamou "responsabilidades políticas" pola xestión da vaga de incendios do pasado fin de semana, que custou a vida a catro persoas e deixou 35.500 hectáreas calcinadas. Para Villares, a Xunta "está a xestionar con absoluta incompetencia e abandono" as consecuencias dos lumes, polo que aposta porque se depuren responsabilidades dentro do Executivo autonómico.

NOVO MODELO FORESTAL. "Necesitamos outro plan de carácter forestal e agrario, un pacto polo territorio para cambiar a paradigma. Isto non é unha cuestión de incendios que afecte ao rural no verán. Os incendios chegaron ás cidades. Isto afecta directamente o territorio, afecta directamente a todas as persoas do país", incidiu.

"Non nos resignamos ao abandono do PP. Se a Feijóo lle quedaba algo de reputación como xestor queimouna durante todos estes días e aquí estamos a cidadanía galega para dicirlle ao PP que hai unha alternativa e é a que construímos todos e todas", concluíu.

COMPARECENCIA DE TRES MINISTROS NO CONGRESO. Pola súa banda, a deputada de En Marea nas Cortes Yolanda Díaz, tamén presente este domingo en Santiago, informou sobre a solicitude de comparecencia no Congreso dos ministros de Agricultura, Defensa e Interior –Isabel García Tejerina, María Dores de Cospedal e Juan Ignacio Zoido, respectivamente– para "render contas en relación ao dispositivo nos incendios de Galicia".

"Estamos a pedir a prohibición para que nunca máis teñamos eucaliptos en Galicia. Queremos seguir a senda de Portugal para impedir que o proceso produtivo estea vinculado a Ence, que está a causar danos tremendos", sinalou logo de anunciar que En Marea presentará unha interpelación no Congreso sobre "a carencia de política forestal" en Galicia e a proliferación do eucalipto.

Villares: "Se a Feijóo lle quedaba algo de reputación como xestor...
Comentarios