Viladonga se convierte en espacio sonoro

Visita guiada, no castro de Viladonga. (Foto: C. Pérez / AEP)
photo_camera Visita guiada, no castro de Viladonga. (Foto: C. Pérez / AEP)

Música, cultura, historia e patrimonio formarán durante unhas horas un só ente grazas á iniciativa Espazos Sonoros 2013, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ofrecerá a posibilidade de disfrutar este domingo dun festival a cargo da agrupación Odaiko Percussion Group nunha paraxe tan emblemática como é o castro de Viladonga, en Castro de Rei.

A cita será a partir das 20.00 horas, cando Odaiko encherá de notas e melodías un espazo singular non só da comarca chairega ou da provincia lucense, senón tamén da xeografía galega. Esta formación está integrada por catro percusionistas cunha fonda formación e traxectoria concertística e converteuse, desde a súa presentación en Holanda no 2002, nun dos grupos galegos de percusión máis innovadores e con máis proxección internacional.

OUTROS ÁMBITOS
Teatro no IES Lucus Augusti

O ciclo Espazos Sonoros da Consellería de Cultura non é só música, senón que tamén achega ao público outras artes. Así, o 2 de outubro, o IES Lucus Augusti da capital lucense acollerá un recital teatral. A formación DandyLady representará a peza ‘Desassossego’. A actuación dará comezo ás 20.00 horas, pero, unha hora antes, haberá unha visita guiada aos gabinetes cienfíticos do instituto, onde hai unha exposición permanente do fondo histórico-educativo do centro. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios