As vidas que o encoro de Belesar mudou para sempre

Ese lugar e as súas casas quedou arrasado coa chegada da agua
photo_camera Ese lugar e as súas casas quedou arrasado coa chegada da agua

EN SETEMBRO de 1963, fai medio século, comezaba a funcionar o encoro de Belesar. O entendemento entre o xeneral Franco, o empresario Pedro Barrié de la Maza (fundador de Fenosa), o enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte e o arquitecto militar Juan Castañón de Mena, fixo que a propia obra se planificase coma unha actuación sen precedentes en canto a innovación. As condicións do terreo axudaron a que ese plan saira adiante e que fora posible facer unha presa única con bóveda de dobre curvatura e 135 metros de altura.

Di o xornalista Afonso Eiré, que acaba de sacar un libro sobre o acontecemento, que Belesar supuxo en obra civil o que na obra relixiosa foi o cambio do románico ao gótico. Pero ese cambio tivo un custo, un alto prezo. Cerca de cincuenta kilómetros do río Miño, os que separan Portomarín de Chantada, pasaron de ser río con auga corrente a embalse sin movemento. O nivel da auga subiu moitos metros e levou por diante todo o que colleu ao seu paso. Os que quedaron sin casa e os que traballaron na presa son os que poden contar a cara menos técnica, menos bonita do que foi Belesar. Algúns decidiron que agora, cando o tempo xa curou feridas e a democracia o permite, é a hora de facer memoria. A súas vidas mudaron para sempre.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios