Vicepresidencia de la Diputación recupera la revista gallega más antigua

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, presentou onte O Gaiteiro de Lugo, un calendario agrícola editado pola área de Plublicacións do organismo provincial que recolle completa información sobre as mareas, as lúas, as feiras, o santoral, refráns e adiviñas. Asemade conta coa sección ‘O xuízo do ano’ con textos do galeguista Ben-Cho-Shey como homenaxe polo recente centenario do seu pasamento.

‘O Gaiteiro de Lugo’ é a publicación máis antiga de Galicia, nada en 1857, vencellada ao Rexurdimento e grazas ó esforzo do impresor e activista cultural Manuel Soto Freire e á colaboración doutros representantes da cultura galega como Rosalía de Castro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios