''A ver se mo pos en cintura''
Na escola, o mestre castigaba aos maiores ca min e púñaos de xeonllos. Entón eu choraba por eles. Pedíalle que non os castigara.
Ramona Nogueira Cortés
Bolaño / Castroverde
Hay un libro publicado por don Luciano sobre el instituto que habla de un castigo a un curso de bachillerato. Era el nuestro. Durante la guerra comienza la asignatura de Religión y viene de profesor de esta materia, don Gregorio Saavedra. Creo que ya estaba su hermano Celestino. Recuerdo que estábamos en la clase de Religión, y como se había tomado de chirigota la asignatura, un alumno, Jesús Cora Sánchez, le comenzó a tirar migas de pan a don Gregorio y alguien por la cerradura de la puerta gritó: «Morran os curas». Esto sería en el año 37 ó 38. Don Gregorio sale como una centella, no aparece nadie. Nosotros nos quedamos dentro de la clase y comenzamos a juguetear sin otra intención. Pasado un rato en el que tratan de localizar al que había dados los gritos, con don Primitivo Rodríguez Sanjurjo, que era el de Geografía, expedientan a todo el curso y don Gregorio quiere expulsarnos del instituto. Al final no lo hacen, pero nos examinaron por libre. Tengo entendido que le debemos el favor a Charo Torviso, que era una mujer excelente.
Laureano Álvarez Armada
Lugo
Na miña época escolar o castigo físico non estaba mal visto con quen desoía as ensinanzas ou provocaba algunha desorde. Un clásico era que estirases a man para que o educador che infrinxise nela un número determinado de golpes cunha regra de madeira de medio metro. Os que adoitaban ser castigados a diario, para evitar aquela dor picante nas palmas das mans, adobábanas previamente con allo e así aguantaban o que fixese falta.
Isidro Novo
Lugo
En aquella escuela de mi infancia aún perduraba la máxima de «la letra con sangre entra». Muchas veces el maestro nos colocaba en ringlera e iba haciendo preguntas. Cuando uno se callaba o se equivocaba se producía el consiguiente croque en la cachola. Las tardes de los sábados tocaba doctrina. Había que saberse de memoria el catecismo del Padre Astete. El maestro nos preguntaba con la cartilla abierta. Cuando fallabas una pregunta, venían aquellas verdascadas en las canillas que te hacían estremecer con el dolor.
Luis Moure Mariño
Escairón / O Saviñao
Mi padre nos compraba siempre el TBO y en verano, un helado. Era bastante severo. Pegar no nos pegaba, pero con mirarnos ya sabíamos lo que pasaba. A mí me llamaron siempre Sarita, pero cuando mi madre me decía: ¡Sara! Sabía que algo malo ocurría.
Sara Armesto Pereiro
Monforte de Lemos
Un día o mestre pegoume de carallo, neste lado. Non foi por non saber a lección, senón porque eu sentaba nun banco ao redor dunha ventá e alí había que estar moi formal co libro e mirar cos ollos, pero moverse non podía. E eu, como o cristal da ventá estaba empañado, ocorréuseme pasar a man. Veu alí e dixo: Ponte de pé! Pumba! Foi por iso, eh!
José Manuel Pol Herbón
Quetesende / Castroverde
Eu pasábaas negras coa caligrafía. Estudabamos a Enciclopedia Álvarez de 3º grao. Recordo a un profesor que me pegou, o único que me pegou. No Seminario pegáronme tamén algo máis, pero pouquiño tamén. Outro, que era un señor maior, durmíase. Nós non, pero os que viñeron despois eran algo máis crueis e botábanlle auga na chaqueta e cousas así.
Ramiro Martínez Carballosa
Meira
Levabamos unha mochiliña coa comida e, se cadraba, apartabamos do camiño e comíamola, pero e mestre enterábase de todo, dicíao na casa e había man dura. Non era como agora, que agora non lles podes dicir nada. Eu tiven un fillo, e o avó, meu pai, era quen dirixía a casa. Entón un día toqueille ao pequeno, e por pouco non me costa que me botase fóra da casa. «Á vista miña non lle volvas tocar, que senón largas da casa». Moito non han gañar vostedes con que largue eu da casa, respostaba.
Antonio Arias Folgueira
San Román da Retorta / Guntín
A mediados de curso apareció por el colegio un nuevo fraile, el padre Gallo y se encargó de la asignatura de francés, relevando de tal ardua tarea al rector, con gran descanso de los morros de todos los alumnos. El Pere Coq era muy delgado y de aspecto relamido, el pelo siempre mojado y pegado al cráneo, su perfil más recordaba a un gorrión calado por la lluvia que a un bizarro gallo de corral. Amigo de beber, trasegaba el vino durante la misa con gran afición y muchas tardes se le trababa la lengua durante la clase porque los internos contaban que le daba al tinto durante las comidas con mucho salero. Solo tenía un inconveniente: nos castigaba con copiar cien veces los verbos ‘avoir’ y ‘être’ para el día siguiente. Si solo habías podido hacer la mitad, te duplicaba el castigo para el día siguiente y así hasta acumular una renta imposible de pagar. El truco es que tenía días de indulto: su santo, o el santo patrono o la Virgen de la Sotarraña u otro que se le ocurriese. Ese día había perdón general y vuelta a empezar a partir del siguiente día a acumular tarea.
Carlos Varela Prieto
Monforte de Lemos
Me hablaron de un profesor, yo no lo tuve, que iba a comprar una goma del butano a la tienda para pegar a los niños en el colegio. De esto habrá unos 20 años, no habrá más.
Carmen García García
Lugo
Cuando estábamos en el recreo y tocaba la campana había que formar fila con la mano derecha y cantar el ‘Cara al sol’. Y yo me negué. Me decían que cantara y yo decía que no sabía. Como no sabía, me mandaron a la fila de atrás y con una vara me dieron en las piernas. Tenía 9 años y al llegar a casa, me preguntó mi madre qué me había pasado en las piernas. Le dije que los pupitres estaban viejos y que me había hecho daño, porque si le decía la verdad me habría pegado ella también.
Nieves Fernández Rodríguez
Monforte de Lemos
A primeira escola foi a de Ángel Camarón, no 18 de xullo. Fun a pasantías, á de don Xesús Yáñez. Fun a outra da Praza do Campo que non sei como se chamaba, e que por certo, castigábanos moito aos pequenos. Eu nese momento tiña moitos sabañóns. Ese profesor cando nos castigaba batíanos nas mans cunha vara desas finiñas que mancaba de medo. Entón miña nai xa me quitou de alí porque tanto castigo non podía ser, e despois xa foi cando fun a Academia Comercial e a Escola de Comercio.
Remedios López Villar
Lugo
He tenido pocos castigos. Recuerdo alguna vez de quedarme a hacer algún dictado o algo así, pero la verdad es que mi empatía con la maestra era bastante buena, de modo que nunca tuve problemas con ella, ni ella conmigo. No recuerdo ningún tipo de castigo especial.
Ramón Villares
Xermade
Na escola de don Xesús os máis retrasados recibían uns golpes cunhas varas que el empregaba, pero falando cuns e outros, o profesor era incitado a que lles batese polos propios pais: «A ver se mo pos en cintura», era unha recomendación moi frecuente dos pais. A min, todo o contrario, meus pais xa lle advertiran de que non o fixese. Ademais diso eu era moi querido por don Xesús. No instituto nunca vin un castigo corporal. Castigos doutro tipo desde logo que si, por exemplo, copias. O profesor que tiña peores pulgas era don Delio que tamén era o que máis castigaba, pero tamén ao que máis nos opuñamos nós porque cos outros eramos máis dóciles. Con Don Froilán eramos moi mansos. Coido que nos amansaba cos ceros que puña.
Benxamín Casal Vila
Lugo
Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.