Vento e corda soan a tradición

Villarino (esquerda) fixo soar varios instrumentos de vento acompañado por Veiga. (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Villarino (esquerda) fixo soar varios instrumentos de vento acompañado por Veiga. (Foto: Pepe Álvez)

GALICIA e Irlanda, dous pobos sempre tan unidos polas súas raíces e tradición, continuaron onte collidos pola man o seu camiño no concerto que ofreceron na Praza Maior Xesús Villarino e Manuel María Veiga, que interpretaron varios temas do folclore tradicional tanto galego como irlandés.

Os instrumentos de vento tocados por Villarino erixíronse como os protagonistas principais en pezas tan recoñecibles como ‘Aires de Pontevedra’ ou ‘Aparta loureiro verde’, nos que, ademáis da gaita, aparecen tres tipos de frauta diferentes.

«Nas nosas cancións soan tres tipos de frautas diferentes: frautas tradicionais galegas, frautas tradicionais irlandesas e tamén unha ocarina», explicou o intérprete, sempre ben acompañado por Manuel María Veiga, que fixo soar as cordas da guitarra e do bouzouki.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios