Veloso en Galicia

Adianto dos contidos que atopará no Táboa Redonda do domingo

O músico Caetano Veloso actuará na Coruña o día 30. Ramón González Rey fala da vida do astro brasileiro, entre o exilio e a provocación. A poesía discrepante e feminina de Marta Dacosta centra o texto de Ramón Rozas. Portorosa amosa a convición de que o único que nos acompaña tras a morte é o amor. Antonio Costa escribe sobre a relación de distancia inmediata e admiración posterior que mantivo co seu pai. Javier Nogueira leu para nós a crónica que Evan Osnos escribiu sobre os cambios de China tras a revolta de Tiananmén. Camilo Franco opina sobre os últimos premios María Casares. António Luís Catarino reivindica a figura de Almada Negreiros e Jaureguizar confirma que a Real Academia Galega non é unha lenda urbana.

Comentarios