Veinte años de reunión

No ano 1990 organizouse en Castro de Lourido (Samos) a primeira festa de convivencia cos maiores do concello, paso previo á creación da fundación O Noso Lar. Daquela calculábase que asistirían 600 personas, pero a cifra duplicouse e houbo que «botar man de xamóns» para atender a demanda. Nese mesmo lugar celebrouse onte a que foi xa a vixésima edición do encontro, coa participación de 1.600 persoas e a colaboración dun cento de voluntarios.

Dende primeras horas da mañá, varios autocares e microbuses recorreron as distintas parroquias de Samos para recoller os invitados á xuntanza, que ten como fin recoñecer o traballo dos maiores e reforzar os lazos de unión e convivencia entre os samonenses.

Os actos, baixo o lema No Camiño, comezaron cunha misa oficiada polo presidente da fundación, Miguel Gómez, e cun orixinal pregón a cargo dos voluntarios, seguido dunha comida e da actuación da orquestra Tumbalobos.

Un dous momentos máis emotivos foi a homenaxe e entrega de agasallos a aqueles veciños de Samos que xa superan os 90 anos. Entre eles atópanse tres centenarios, María Piñeiro, José Vázquez e Consuelo Pombo, estes dous últimos presentes na celebración. Na honra de todos eles ofreceuse un singular concerto, da man do saxofonista Evaristo de Lóuzara e de Pedro, un neno de 11 anos destro no manexo do acordeón.

Rematada a comida, os asistentes quixeron sorprender cunha improvisada tarta a Miguel Gómez, que este ano cumpre as súas vodas de prata sacerdotais. «É unha gozada para min celebrar aquí os 25 anos de sacerdocio -22 deles nestas terras-, e compartir este momento nunha festa tan entrañable. É o mellor lugar e o mellor contexto», asegurou o párroco, que obsequiou a todos cunha gran torta elaborada polas monxas de Pantón.

Poboación: Preto de corenta veciños superan os noventa anos
O concello de Samos, cunha poboación envellecida e dispersa xeograficamente, conta entre os seus habitantes con 38 veciños que superan os 90 anos de idade, segundo os datos que manexa O Noso Lar, cuxos voluntarios visitaron persoalmente 815 casas no concello para facer entrega das invitacións á festa.

Trece nacementos
No últimos doce meses, nos que se rexistraron 45 defuncións, a natalidade experimentou un repunte, con 13 nenos bautizados nas distintas parroquias do concello, o que supón un lixeiro aumento con respecto a anos anteriores.

Comentarios