Feitos

Vecinos de Rioseco se quejan del mal estado de dos calles tras unas obras

Un grupo de residentes no barrio monfortino denuncian que se levanta a grava e que se crea moito po
Estado actual de la Rúa Rioseco.
photo_camera Estado actual de la Rúa Rioseco.

Un grupo de veciños do barrio de Rioseco de Monforte protesta polo mal estado no que quedaron dúas vías da zona tras ser reparadas e acondicionadas hai pouco máis dun mes polo Concello monfortino.

Os residentes nas rúas Rioseco e Poetisa María Mariño presentaron un escrito de queixa onte no rexistro municipal para denunciar os problemas que derivan dunhas obras nesta zona. No comunicado din que a grava que se botou no pavimento non se fixou de maneira correcta, que se levanta e se amontoa nas entradas das viviendas. Isto conleva que, cando chove, se formen bolsas de auga, o que dificulta o paseo aos transeúntes. Para os veciños deste barrio non rematan aquí os problemas e afirman que notan os efectos das obras no aire. Aseguran que, cando fai bo tempo, se respira mal como consecuencia do po que se produce ao circular os vehículos tras levarse a cabo as melloras de acondicionamento das vías. Esta nube de po ocasiona inconvenientes na rutina doméstica das familias da zona, xa que no momento de ventilar as vivendas non poden ter as fiestras abertas.

Outra das molestias que ocasiona esta nube de partículas de terra, e que se viu incrementada nos últimos días coa seca e a calor, é que os vehículos que quedan fóra se impregnan de po. A nube tamén chega a ocasionar fallos nos mecanismos automáticos dos garaxes, denuncian.

Os afectados demandan á administración local que estude con eles unha solución nun prazo de dúas semanas. De non ser así, avisan de que tomarán medidas legais. Na demanda, solicitan tamén a rehabilitación dunha rúa de 50 metros, próxima á zona, moi transitada e que evita aos condutores dar un rodeo pola cidade.

Comentarios