Vecinos de Ove desafían a García Marcos para renovar A Capela

García Marcos sinala a parroquia de Ove. (Foto: AMA)
photo_camera García Marcos sinala a parroquia de Ove. (Foto: AMA)

Uns cen veciños da parroquia ribadense de Ove pertencentes á comunidade de montes A Capela de dita localidade lanzaron un desafío frontal á autoridade do que foi presidente deste colectivo durante os últimos vinte anos, Gonzalo García Marcos, convocando unha asamblea para elexir unha nova xunta directiva. Esta asamblea será o día 12 de febreiro ás 10 da mañá en primeira convocatoria e ás 12.00 horas en segunda e na mesma está xa confirmada a presencia de polo menos unha lista.

Dita candidatura estará encabezada por unha persona tremendamente coñecida tanto en Ribadeo en xeral coma en Ove en particular, Ramón Álvarez Pérez, acompañado doutras nove persoas ás que de momento no se as coñece.

Avais

Os convocantes desta asamblea destacan que a misma ven avalada «por máis de cen veciños que estamparon a súa firma nun documento para a convocatoria dunha asamblea xeral extraordinaria coa finalidade da elección de presidente e nova xunta reitora».

Según anticiparon os compoñentes da candidatura confirmada, presentaránse «sin ningún ánimo de revanchismo», pero avisan de que o ambiente no que se desenrolará «dependerá das provocacións» e anticipan que «no futuro se poderán acometer accións legais». A súa idea é «reconvertir a situación de A Capela, preocupante para os comuneros».

Din estar moi preocupados «pola falta de seriedade do expresidente, García Marcos, tanto no respeto como nas declaracións de fai tempo e máis de agora, querendo engañar a máis de 70 persoas que estábamos presentes no momento da dimisión, ademáis doutras que todos os comuneros xa coñecemos».

REACCIÓN
A directiva saínte impugnará todo o vencellado coa asamblea do día 12

Gonzalo García Marcos anticipou que ten intención de impugnar no xulgado de Mondoñedo todo o vencellado coa asamblea do día 12. Recoñece que por falta de tempo xa non é posible frear o sen desenrolo xudicialmente, pero segue sostendo que é ilegal porque el segue sendo legalmente o presidente de A Capela, xa que a dimisión que presentou na última asamblea de A Capela «non foi legal».

«Ilegalidades»

O avogado de García Marcos, José Manuel Oliveros, explicou que a dimisión de García Marcos é «ilegal» porque a presentou coa asamblea xa levantada e para que sexa correcta os estatutos de A Capela especifican que debe facerse nunha asamblea na que un punto da orde do día sexa xustamente ese, e non era o caso. Ademáis indica que o xeito no que se produciu esa dimisión foi desordeado e asegura que así se pode comprobar nunha gravación da asamblea, que teñen ambas partes no seu poder.

Comentarios