Lunes. 18.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 18.12.2017
El tiempo

Veciños de Friol e Guitiriz arroupan en Quiroga ao seu anterior párroco

Un momento da misa en Quiroga
Un momento da misa en Quiroga
Preto de 120 persoas foron en bus e coches particulares ata o novo destino do cura para seguir unha misa súa e reclamar o seu regreso

Preto de 120 veciños das parroquias de Friol e Guitiriz que atendía ata hai unhas semanas o párroco José Ramón Pérez García acudiron este sábado a Quiroga, novo destino do cura, para mostrarlle o seu apoio ante un traslado que consideran forzado e reclamarlle de novo ao Bispado de Lugo que rectifique.

Os antigos fregueses de José Ramón Pérez non dubidaron en coller o seu coche particular e mesmo custear un servizo de autobús para participar neste acto reivindicativo.

Formaron parte desta nutrida expedición persoas de todas as idades, desde cativos ata xente maior, a quen non intimidaron as máis de catro horas de viaxe desde estes concellos a Quiroga, con máis de 100 quilómetros de ida e outros tantos de volta.

A misa á que acudiron celebrouse na capital municipal de Quiroga a media tarde. Esta vez os veciños non se concentraron diante da igrexa, senón que se limitaron a seguir no interior o oficio relixioso, algo que deixaron de facer nas súas parroquias de orixe dende a marcha do sacerdote para expresar o seu malestar.

Os veciños retomarán este domingo mesmo as súas protestas cunha concentración en Pedrafita (Guitiriz).

SEN CURA. Este acto de apoio a José Ramón Pérez produciuse días despois de que renunciase ao seu novo destino en Friol e Guitiriz o cura que o substituíu, José Luis González Regueiro.

O Bispado de Lugo non designou o seu substituto e, ata a chegada dese novo sacerdote, as 14 parroquias afectadas quedarán sen misa. A institución non puxo data para ese nomeamento e anunciou que de momento só se celebrarán na zona actos puntuais como enterros ou vodas, que oficiarán curas de freguesías limítrofes.

Veciños de Friol e Guitiriz arroupan en Quiroga ao seu anterior...
Comentarios