Varias asociaciones exigen al Concello mantener las ayudas

Catro colectivos de Muimenta reclámanlle ao Concello de Cospeito que non suprima as axudas anuais que o goberno local concede ás entidades sen fin de lucro e critican que ningunha das asociacións afectadas fose informada con tempo.

«Os colectivos xa tiñan presentada a xustificación das subvencións cando foron suprimidas, coa aprobación do orzamento municipal na última semana do ano», explican dende Xotramu, Aquilino Iglesia Alvariño, a asociación de comerciantes e empresarios e Carabullo, que presentaron un escrito colectivo no Concello para amosar a súa «disconformidade» con esta situación e solicitar unha reunión co alcalde.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios