Vacas pequeñas, sabor grande

Diego Martínez, entre as súas cachenas (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Diego Martínez, entre as súas cachenas (Foto: José Mª Álvez)

Cóntanse cos dedos das mans -e sobra algún- as ganderías da comarca que apostan pola explotación da vaca cachena, unha raza considerada en perigo de extinción polo Ministerio de Agricultura e que contrarresta a baixa produtividade que se lle atribúe polo seu pequeno tamaño coa súa facilísima adaptación nestas latitudes e a calidade da carne.

Porén, hai xente que ve futuro, como os irmáns Diego e Pablo Martínez Díaz, que teñen dous rabaños de cachenas en terreos das Negradas, no Vicedo. Na actualidade contan con 25 nais reprodutoras, dous touros e 18 crías, pero a súa intención, «co esforzo do día a día» é seguir mellorando e medrar ata chegar a ter unhas 45 nais.

AUTÓCTONA
A orixe está nas serras de Ourense

A cachena é a raza de vaca máis pequena de España e está en regresión, a pesar de que nos últimos anos houbo un plan para o seu potenciamento en Galicia. É unha raza autóctona, propia das serras do sur de Ourense e do norte de Portugal.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios